Grimm, fantasía na TV

0
143

A canle de televisión americana NBC ven de lle dar a luz verde a un novo proxecto de série para a televisión: o drama con tintes fantásticos Grimm.

A história foi descrita nun comunicado coma “un drama escuro pero fantástico sobre policías nun mundo con persoaxes inspirados polos contos de fadas dos irmáns Grimm”.

Jim Kouf (Angel) e David Greenwalt (Buffy Cazavampiros) crearon a ideia orixinal para a série, xunto aos produtores executivos Sean Hayes e Todd Milliner.

A NBC ten tamén pendente o proxecto de desenvolver a série 17th Precinct, orixinal de Ron Moore (o creador de Battlestar Galactica), na que uns policías traballan nunha vila onde a xente ten poderes máxicos.