Os Beatles viaxan no tempo

0
129

Mark Waters (As crónicas de Spiderwick, Ghosts of Girlfriends Past) está a negociar a súa incorporación como director dunha comédia baseada na figura dos Beatles que levará por título Get Back e que producirá a Sidney Kimmel Entertainment.

A história céntra-se no descobremento dunha máquina do tempo por dous superfans do mítico grupo de Liverpool, que viaxan atrás no tempo para evitar que John Lennon coñeza a Yoko Ono, a quen culpan da separación dos Fab Four.

Chris McCoy escribiu o guión, cuxa rodaxe está prevista para escomezar a finais de verán en Londres. Kimmer, Waters, Matt Berenson e Jessica Tuchinsky serán os produtores.

COMPARTIR
Artigo anteriorGrimm, fantasía na TV
Seguinte artigoO espertar zombi