O espertar zombi

0
162

Mentres os índices de audiéncia e mais as críticas da série da AMC The Walking Dead van subindo coma a escume, outra canle de televisón, neste caso a The CW, tentará sacar tallada da moda dos zombis e xa escomezou o desenvolvemento dunha série dunha hora de duración titulada Awakening.

A história vai sobre dúas irmáns que deben enfrentar-se unha á outra mentres se desata unha invasión zombi. William Laurin e Glenn Davis (The Listener, Missing) escribiron o guión.

A Warner Bros. TV tamén aportará os seus recursos a este proxecto e a canle debe decidir nos vindeiros días se aproba ou non facer un episódio piloto.