The Stand, ao cinema

855

A novela épica de terror apocalíptico de Stephen King The Stand (traducida en España co título de La dansa de la muerte, e logo co de Apocalipsis) por fin será adaptada á pantalla grande grazas á Warner Bros. e mais á CBS Films.

Os estudos e produtores reunirán-se con distintos guionistas e directores durante a vindeiras semanas para atopar aos profesionais mais axeitados para este tipo de material, que para escomezar, deberá decidir se a adaptación se fai nunha soa película ou nunha saga.

A novela foi publicada por primeira vez en 1978 e revisada e reeditada en 1990, e esencialmente é unha história de bós contra malos, co escenário de fondo dun virus que ven de eliminar a case toda a humanidade. Os sobrevivintes, nuns Estados Unidos desolados, deberán loitar contra o que semella ser o Anticristo, un home chamado Randall Flagg.

A ABC produciu en 1994 unha minisérie para a televisión de seis horas, pero co tón moi relaxado e sen chegar a se poder considerar coma de terror en ningún caso. Ademais, a Marvel Comics publicou tamén recentemente unha novela gráfica que adapta a novela, esta vez con maior sorte.

A CBS posúe os dereitos da novela dende hai moitos anos, pero non foi até un par de meses que non se puxo á procura dun parceiro co que desenvolver conxuntamente o proxecto, e a Warners gañou a poxa polos dereitos. O mesmo Stephen King participará dalgún xeito no filme, mentres que a Mosaic e Roy Lee serán os produtores.