Carter, en marcha cara Marte

0
199

O director Andrew Stanton (Wall-E) confirmou que a adaptación ao cinema do clásico de Edgar Rice Burroughs John Carter of Mars aínda está moi verde e que están a esperar que este sexa un ano algo mellor para poder rematar coa produción.

Non estou na post-produción — Ainda estou na forografía dixital principal arestora, e así será polo que resta de 2011, así que ainda estou a médio camiño para rematar o filme“, explicou nunha entrevista na televisión. Cando lle preguntaron pola fasquía do filme, dixo que “Non tentei face-lo semellante a ningunha outra cousa. Realmente tentei facer algo de seu. Tentei facer un filme marciano históricamente moi exacto, se é que iso ten algún sentido, así que vos deixo que descrifredes iso“.

A história nas novelas vai sobre un veterán da guerra civil americana chamado John Carter (interpretado no filme por Taylor Kitsch) que se converte nun grande heroe en Marte. O filme misturará acción real con debuxos animadosxerados por computador e suporá o primeiro intento de Stanton fóra do que é a animación clásica, o que supuxo para el todo un desafío: “Cando levas facendo debuxos animados toda a vida, é moi emocionante sair diso por un día, xa non digamos durante meses“, dixo o director.

John Carter of Mars ten prevista a súa estrea para o 9 de marzo de 2012.