Phoenix, o profe de Lincoln

615

Joaquin Phoenix é polo de agora o actor que conta con mais posibilidades para se facer co papel de Henry Sturgess, o profesor que aprende ao 16o Presidente dos Estados Unidos a cazar vampiros no filme que adaptará ao cinema a novela Abraham Lincoln: Vampire Hunter na 20th Century Fox.

Phoenix xa mantivo unha entrevista co director do proxecto, e segundo unha fotne interna, que ben podería ser a do axente o actor, o papel “será seu se el o quere“. O filme podería deste xeito marcar o seu regreso ao mundo do cinema após do seu fracaso no documental de broma I’m Still Here.

O actor de Broadway Benjamin Walker pola súa banda foi contratado o pasado xoves para o papel central, o do Presidente Lincoln, neste filme dirixido polo ruso Timur Bekmambetov e que levartá á pantalla grande a novela de Seth Grahame-Smith.

No libro, Henry é unha figura mítica, pola que non pasan os anos, e que converte a Lincoln nun experto lanzador de hachas para cazar vampiros. Tim Burton e Jim Lemley serán os produtores.