Bardem, o malo de 007?

0
164

A Javier Bardem chóven-lle as ofertas nos últimos tempos, e algunhas delas semellan moi xugosas como para lles dicir que non. De feito, ven de recebir unha proposta para coprotagonizar o vindeiro filme, o número 23, da saga de James Bond, que deberá estrear-se o 9 de novembro de 2012.

Xeralmente o coprotagonista dos filmes de 007 é o vilán, así que ese é o papel que posíbelmente lle foi ofrecido ao actor español. A EON Productions fixo a oferta a semana pasada para que participe xunto a Daniel Craig e mais o director Sam Mendes nunha produción que debe escomezar a se rodar este outono.

Polo de agora o maior problema é que Bardem xa conta con outra excepcional oferta sobre a mesa, a do pistoleiro Roland Deschain na adaptación que Ron Howard dirixirá na pantalla grande da saga de libros de Stephen King A Torre Escura. En teoría Bardem podería facer ambos papeis, pero axustando moito a súa axenda.

Nunha recente entrevista no xornal The Los Angeles Times, o mesmo Bardem dixo que é un grande fan da saga de James Bond e que ainda non lle confirmou nada a Sam Mendes, e que primeiro quere lér o guión. Nombergantes, xa se reuniu con el e todo semella indicar que este é un papel difícil de rexeitar: “están a muda-lo todo, a dinámica enteira. Eu sería a némese de Bond, si, pero non é tan óbvio. Todo é mais subtil. É moi intrigante“, dixo.