Galifianakis en R.I.P.D.

0
184

O actor Zach Galifianakis (Due Date) está a negociar a súa incorporación ao reparto de R.I.P.D, a comédia de acción sobrenatural onde xa figura Ryan Reynolds.

Reynolds fai o papel dun xoven policía recén asasinado nunha misión e que cando morre é recrutado para o Departamento de “Descanse en Paz”, unha forza policial de policías pantasmas, e no que terá a oportunidade de atrapar ao seu asasino. O filme vai na liña do clásico conto de parella de policías e de feito, o outro poli nesta combinación (Galifianakis) será un pistoleiro do Vello Oeste que leva morto dende o ano 1800 e pico.

Neal Moritz será o produtor e Robert Schwentke (Flightplan) dirixirá un guión de Phil Hay. O filme está xa en preprodución e comezará a se rodar antes do verán.