O espertar de Frankenstein

0
221

A Summit Entertainment ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema This Dark Endeavor: The Apprenticeship of Victor Frankenstein, a vindeira novela de aventuras de Kenneth Oppel.

O libro é unha pseudo-precuela do clásico de Mary Shelley e narra as aventuras do xoven Victor Frankenstein e do seu intento por salvar ao seu irmán xemelgo Konrad, que está gravemente enfermo. Un alquimista envía a Victor e máis á súa millor amiga Elizabeth nunha procura para atopar tres misteriosos ingredientes que precisan para crear un suero máxico que proporcionará saúde perpétua a aquel que o beba.

Na novela hai unha traizón, un triángulo amoroso e moitísimas referéncias ao clásico de Shelley e á súa novela orixinal Frankenstein, poñendo os alicereces para continuar o relato a partir do fin desta obra.

Karen Rosenfelt (Twilight) está xa a bordo do proxecto para produci-lo. A novela non será publicada até o verán, pola editorial Simon & Schuster.