Un conto de inverno

0
159

O guionista Akiva Goldsman (Batman Forever, I, Robot, O Código Da Vinci) fará o seu debut como director no filme Winter’s Tale, unha longametraxe que conta con 75 millóns de dólares de orzamento e que producirán os estudos Warner Bros. Pictures.

A película adaptará á pantalla grande a novela homónima de 1983 de Mark Helprin, que narra a história de Peter Lake, un mecánico orfo que tenta entrar a roubar nunha mansión palacega do West Side (New York). Alí atopará a unha rapaza que está a morrer e á quen decidirá salvar.

A história, da que ainda non se coñece demasiado, está ambientada no século XIX e na actualidade, e tamén hai un cabalo branco con alas.

Goldsman xa dirixiu con anterioridade algúns episódios da série de televisión Fringe. A rodaxe deste filme escomezará en primavera de 2012, unha vez quetanto el coma Ron Howard e Brian Grazer completen o seu traballo coas adaptación de A Torre Escura para a Universal Pictures.