O cemitério de animais

0
201

Tal e coma informáramos en marzo do ano pasado, o guionista do filme 1408, Matthew Greenberg, fora contratado para escribir outra adaptación ápantalla grande dunha novela de Stephen King, nesta ocasión do seu clásico Pet Sematary na Paramount Pictures.

Agora, case un ano despois, seica Greenberg ven de entregar o seu guión rematado e á Paramount gostou-lle tanto que xa están a pensar nun director de alto nivel para que se encargue deste material.

Esta adaptación, longamente xestada, da novela de de King de 1983, vai sobre unha família que ven de se mudar a unha casa nunha pequena vila de Maine, xusto ao lado dunha autoestrada pola que pasan camións a grande velocidade. Polos arredores tamén hai un cemitério de mascotas, e mais aló un vello cemitério índio que segundo as lendas pode resucitar aos mortos… pero non no mellor estado. Así, cando o seu fillo pequeno morra nun accidente de tráfico, o pai decidirá usar os poderes do cemitério, pero a costa de perder moitas vidas e tamén a súa saúde mental.

A Paramount xa adaptara o libro en 1989 nun filme protagonizado por Dale Midkiff, Denise Crosby e Fred Gwynne que agás da canzón interpretada polo grupo Ramones, estivo moi por debaixo da novela orixinal. Para este remake, soou anteriormente o nome de George Clooney, pero polo de agora o único seguro é que Lorenzo di Bonaventura e Steven Schneider serán os produtores.

O proxecto é ún mais dentro das adaptacións ao cinema das novelas de Stephen King que se están a preparar na actualidade: a série d’A Torre Escura, The Stand e It.