A moda de Branca Neves

0
184

Rumoreou-se a semana pasada, pero agora xa é seguro que a protagonista da saga de Twilight, a insípida actriz Kristen Stewart, ven de escomezar as negociacións para facer o papel de Branca Neves en Snow White And The Huntsman na Universal Pictures.

Nombergantes, iso non sinifica que o acordo xa estea pechado: “o trato non está feito e podería ainda rachar-se, pero ambas partes queren que saia adiante“, segundo fontes internas. Rupert Sanders dirixirá esta versión, unha nova volta de rosca sobre o clásico dos irmáns Grimm que xa conta coa presenza de Viggo Mortensen e Charlize Theron.

Pola súa banda, Julia Roberts está a negociar asemade a súa entrada no reparto, pero neste caso no papel da Raíña Malvada noutro proxecto sobre o mesmo persoaxe de Branca Neves, o dirixido por Tarsem Singh en 3D e que levará por título The Brothers Grimm: Snow White e que contará coa produción da Relativity.

Seica Singh levaba algún tempo querendo falar con Roberts para que fixese o papel, pero só agora escomezaron as negociacións en sério.