Se os rumores son certos, o argumento do vindeiro filme da saga Star Trekm, agochado baixo sete chaves polo de agora, será diferente pero familiar para os fans. E moito ollo, porque o que ven de seguido son posíbeis spoilers da película!
A grande pregunta dende o comezo era que se tal e coma se dicía, o filme sería unha precuela da série orixinal, cos persoaxes de Kirk, Spock e todos os demáis tripulantes da Enterprise NCC-1701, como ía J.J. Abrams contar a história mantendo ao mesmo tempo o sagrado canon de Star Trek? A resposta ten un nome: universo alternativo.
O importante é relembrar que os guionistas Robert Orci e Alex Krutzman son grandes fans da saga, especialmente Orci, e que por elo teñen un grande respecto pola história dos persoaxes. Así pois, non hai nada demasiado malo que temer.
Seica grande parte do argumento estará dalgún xeito baseado nun dos episódios máis salientábeis da saga, A cidade no borde da eternidade (título orixinal: “The City on the Edge of Forever”), que protagonizara Joan Collins no papel da pacifista Edith Keeler. O capitán Kirk ficaba namorado dela, pero tiña que permitir que morrera para que a liña do tempo seguira o seu curso.
O rumor apunta a que os romuláns do futuro, vindo da liña temporal de A nova xeración, e comendados por un tal Nero (Eric Bana), atopan a Cidade no borde da Eternidade e utilizan ao Gardián da Eternidade para ir atrás no tempo e matar á persoa que foi o pior inimigo dos romuláns na súa loita contra a Federación de Planetas: o capitán James T. Kirk.
O Sr. Spock decáta-se do plan de Nero e tamén vai atrás no tempo para protexer ao seu millor amigo, James Kirk. Aquí é onde o vello Spock (Leonard Nimoy) e o novo Spock (Zachary Quinto) se atopan. Isto acontecerá antes de que Spock e Kirk sexan amigos, polo que a escena será “ilóxica” para Spock, pero moi emocionante para o público. Tamén podería haber unha escena coa morte do Spock máis vello, o mesmo que en Star Trek VII: Xeracións miramos a morte do vello Kirk nas mans do malvado Dr. Soran.
Ademáis, seica haberá unha escena na que o cadete James T. Kirk ten que aprobar un exame chamado Kobayashi Maru. Kirk será o único cadete da história da Académia que o aprobe, ainda que coma adoita ser habitual nel, saltándo-se as normas e reprogramando o computador.