Dark Shadows toma forma

620

O actor Jackie Earle Haley (Watchmen, A Nightmare on Elm Street), xunto coa ascendente estrela australián Bella Heathcote (Twylight Zones) está a negociar a súa participación no novo filme de Tim Burton que adaptará á pantalla grande a série de televisión dos anos 60 Dark Shadows na Warner Bros. Pictures.

A história orixinal ía sobre a vida do vampiro Barnabas Collins (interpretado por Johnny Depp na nova versión) que é obrigado a tratar con toda caste de monstros, pantasmas e creaturas sobrenaturais.

Heathcote faría o papel dunha camareira de quen Collins fica namorado por mor da súa semellanza cun amor perdido hai moito tempo.

Seth Grahame-Smith escribiu o guión, mentres que Depp, Graham King, Richard Zanuck, Christi Dembrowski e David Kennedy estarán na produción. A rodaxe debe escomezar esta primavera coa vista posta nunha estrea que será en 2012.