Lois Lane non estará no novo Superman

0
124

Mália todos os rumores que están a aparecer ao redor de quen será a actriz que interprete a Lois Lane na vindeira película de Superman, a Warner Bros. Pictures ven de anunciar que ainda que haberá unha protagonista feminina, esta non será Lois Lane. Os estudos non queren que ningún nome faga sombra á recente fichaxe de Henry Cavill e continúan á procura de quen será o vilán.