Cruise, tolo polas montañas

0
196

Durante a promoción do filme Sanctum, o novo filme de aventuras submariñas que conta coa produción executiva de James Cameron, este foi requerido pola prensa para que confirmase ou desmentise os rumores segundo os que Tom Cruise viña de asinar a súa participación na adaptación de Guillermo del Toro á pantalla grande da novela de H.P. Lovecraft Nas Montañas da Loucura, que o mesmo Cameron produce.

Os nomes de Cruise e James McAvoy están na boca de todos para o papel principal deste filme, e se ben McAvoy ven de negar os rumores hai uns días, ainda non se sabía ren da certeza verbo de Cruise.

Pois ben, Cameron dixo á MTV News que “Tom quere facer a película. Non coido que teñamos un acordo con el ainda, pero esperamos te-lo pechado axiña. Guillermo está a traballar a toda presa nun novo guión e con sorte poderemos escomezar a rodaxe para xuño ou xullo“.

Del Toro e mais o seu parceiro Matthew Robbins escribiron o primeiro guión aló a finais dos anos 90, pero a parella leva dende aquela retocándo-o unha e outra vez, seica sen fin.