Ciclo de Fritz Lang no CGAI

717

Fritz LangSegundo nos informa o noso benquerido colaborador Afonso Xabier Canosa Rodriguez, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) ten programado un ciclo titulado Fritz Lang: Fitos da súa etapa alemá e adicado ao clásico director de cinema Fritz Lang.

A enorme personalidade e talento fílmico de Fritz Lang (Viena, 1890-Hollywood, 1976), cineasta de precisión xeométrica, analista da turbiedade humana e metáfora das mutacións do século XX, sometido a unha carreira, entre a Alemaña do expresionismo e os primeiros estertores do nazismo, e os Estados Unidos do período de plenitude do cinema clásico de Hollywood, apaixonante e tamén, en parte, enigmática, semella unha das máis produtivas da Historia do cinema. Nesta ocasión o ciclo adicado ao máis significativo da primeira etapa alemá do seu autor arroupa a exposición que terá lugar en setembro deste ano, así como o seminário “Fritz Lang: la seguridad del sonámbulo” que organiza entre os días 18 e 20 de xullo a Fundación Luís Seoane.

A programación do ciclo pode-se consultar no web www.cgai.org, pero vola ofrecemos de seguido asemade:

Martes 15 de xullo
Os Nibelungos I parte
128 min. Muda con rótulos en galego.

Mércores 16 de xullo
Os Nibelungos II Parte
Fritz Lang, 1923-24
134 min. Muda con rótulos en galego.

Xoves 17 de xullo
Metrópole
Fritz Lang, 1926
134 min. Muda con rótulos en galego.

Luns 21 de xullo
Spione
Fritz Lang, 1927
164 min. Muda con rótulos en galego.

Mércores 23 de xullo
Dr. Mabuse I parte
Fritz Lang, 1922
141 min. Muda con rótulos en galego.

Xoves 24 de xullo
Dr. Mabuse II parte
Fritz Lang, 1922
104 min. Muda con rótulos en galego.

Luns 28 de xullo
O testamento do Doutor Mabuse
Fritz Lang, 1932
122 min. Subtítulos en castelán.

Martes 28 de xullo
O testamento do Doutor Mabuse
Fritz Lang, 1932
122 min. Subtítulos en castelán.

Mércores 30 de xullo
A Muller na Lúa
Fritz Lang, 1928
184 min. Muda con rótulos en galego.

Todas as proxeccións serán ás 20:30 horas no CGAI. Durán Loriga, 10 baixo. 15003 A Coruña. As entradas custan 1,20 € pero hai un abono para 10 sesións por 9 euros.