King non está en The Stand

0
160

O escritor Stephen King ven de revelar na súa última columna para a revista Entertainment Weekly que non tiña nin ideia sobre o remake que se vai facer sobre The Stand até que leu verbo del na Internet, respeito ás novas xurdidas esta semana sombre a nova adaptación ao cinema da súa clásica novela de 1978.

O mestre do terror explicou nunha lista de dez cousas o que pensa deste proxecto e o que ten que dicir sobre a adaptación, e a mais importante de todas as demais ideias que suxeriu é que “absolutamente non podes facer unha película de dúas horas. Ten que ser unha triloxía de filmes… se cadra“.

Ademais suxeriu que de feito non vai ter ningún benefício económico deste filme (ou filmes): “Esta vez seguramente dirán-me que a minisérie foi moitísimo millor, pero falando históricamente, os estudos de cinema inchan o orzamento para cousas coma esta, polo que se cadra será algo divertido de mirar. A pasta non me vai chegar, pero se é unha triloxía e fai unha chea de cartos, pode que me dea abondo para comprar unha cea de polo en Popeye’s“.

King coida que ninguén poderá superar a interpretación de Gary Sinise na minisérie da ABC, ainda que se el poidera escoller, elixiría a Jake Gyllenhaal para o papel de Stu.