Eva Green nas Dark Shadows

721

Eva Green (Casino Royale, Kingdom of Heaven) está en conversas para se unir ao reparto que interpretará a novva película de Tim Burton, Dark Shadows, na Warner Bros. Pictures.

Baseada na série homónima dos anos 60, era un culebrón que misturaba comédia e terror gótico con vampiros, pantasmas e zombis. Johnny Depp será Barnabas Collins, o vampiro patriarca da série.

Green podería interpretar á tentadora Angelique, un papel que fixo Lara Parker na série orixinal. Bella Heathcote tamén está xa no elenco de protagonista no papel dunha camareira cuspidiña ao amor perdido de Collins.

Seth Grahame-Smith escribiu o guión, mentres que Depp, Graham King, Richard Zanuck, Christi Dembrowski e David Kennedy están na produción.