Os Señores de Salem

0
187

O músico e director de cinema Rob Zombie está decidido a escomezar a rodaxe de The Lords of Salem esta primavera, un filme que conta cun guión escrito por el mesmo.

Ambientada nunha Salem contemporánea, a história vai sobre como os seus habitantesdeben lidiar cunha visita demoníaca dun grupo de bruxas de 300 anos de antigüidade. Jason Blum, Oren Peli e Steven Schneider serán os produtores.

O proxecto será o terceiro título do selo Haunted Movies, unha produtora que fixo anteriormente Insidious de James Wan (que se estrea o 1 de abril) e The Bay de Barry Levinson, que ainda está en post-produción e do que veremos as primeiras secuéncias no vindeiro European Film Market en Berlín.