Danny Boyle e os lobishomes

0
214

O guionista Simon Beaufoy (127 Hours) ven de confirmar nunha recente entrevista que está a traballar nunha adaptación ao cinema da novela de lobishomes de Toby Barlow Sharp Teeth, que podería dirixir Danny Boyle.

A história en si vai sore un trío de loishomes no leste de Los Angeles. Entre os persoaxes hai un ambicioso avogado que pretende dominar a cidade, un laceiro de cans que se namora dunha fermosa e misteriosa muller, e un detective que está a investigar unha série de asasinatos relacionados cos cans.

Beaufoy estivo durante as últimas semanas a manter diversas xuntanzas de traballo con oficiais de Policía de Los Angeles en Compton e Watts para investigar os seus procedementos. Boyle está asemade a traballar nunha adaptación ao teatro de Frankenstein, protagonizada por Benedict Cumberbatch e Jonny Lee Miller.