O Hobbit: cámara… acción!

726

Moitos levaban a agardar esta data os últimos anos, pero por fin a espera rematou e xa coñecemos de xeito totalmente ofiial que o escomezo da rodaxe de O Hobbit será o vindeiro 21 de marzo.

A data foi escollida tendo en conta “consideracións prácticas dos requisitos do calendário de rodaxe, da dispoñibilidade dos actores e das estacións en Nova Celándia“, segundo fontes da produción. As primeiras escenas rodarán-se nos estudos de Stone Street Studios en Miramar e en várias localizacións por toda Nova Celándia.

Peter Jackson xa abandoou o hospital, após de estar ingresado uns días por mor dunha operación cirúrxica na que foi intervido dunha úlcera duodenal, e segundo todas as fontes, está xa pleamente recuperado e disposto a regresar á cadeira de director.

Os membros confirmados do reparto até o momento son Martin Freeman, Ian McKellen, Richard Armitage, Ken Stott, Graham McTavish, William Kircher, James Nesbitt, Stephen Hunter, Rob Kazinsky, Aidan Turner, Peter Hambleton, John Callen, Jed Brophy, Mark Hadlow, Adam Brown, Cate Blanchett, Andy Serkis, Mikael Persbrant, Sylvester McCoy e Elijah Wood.