Shawn Levy, remake alucinante

0
208

Shawn Levy será o director do remake en 3D do clásico da ciéncia-ficción de 1966 Viaxe Alucinante, que producirá James Cameron nos estudos 20th Century Fox.

A história vai sobre unha equipa de científicos que son encollidos até un tamaño atómico, e logo enviados nun submariño miniaturizado no interior do corpo doutro científico, para tentar salvar a súa vida.

O filme levaba en desenvolvemento xa moitos meses dende que se anunciou, e así xa pasaron pola cadeira de director nomes coma Paul Greengrass, Darren Aronofsky, Timur Bekmambetov, Jonathan Mostow e Louis Leterrier, quen mantiveron todos encontros con Cameron.

Finalmente, a elección de Levy é a mais inesperada, pero o seu toque comercial xa levou a diversas franquías a oter notábeis benefícios económicos nos últimos tempos, coma poden constatar Night at the Museum, Cheaper by the Dozen, What Happens in Vegas e Date Night.

Shane Salerno escriiu o guión, que Laeta Kalogridis reescribiu na súa versión mais recente.