Famke Janssen en Hansel e Gretel

0
224

Famke Janssen (Goldeneye, X-Men) ven de unir o seu nome ao elenco de actores que interpretarán Hansel & Gretel: Witch Hunters na Gary Sanchez Productions e mais a Paramount Pictures.

A história partirá do orixinal dos irmáns Grimm e estará ambientada quince anos despois de que os famosos irmáns Hansel e Gretel derrotarna á bruxa na súa casa de chocolate, e agora traballan coma cazarrecompensas. O papel de Janssen neste filme ainda non foi determinado.

Jeremy Renner será Hansel, o que lle origará a rematar canto antes a súa participación en Mission: Impossible Ghost Protocol e The Avengers para poder estar a tempo nesta rodaxe. Pola súa banda, Gemma Arterton fará o papel de Gretel, que acadou tras se impoñer a Noomi Rapace, Diane Kruger e Eva Green, quen tamén aspiraban a face-lo.

Tommy Wirkola (Dead Snow) dirixirá a partir dun guión que el mesmo co-escribiu xunto a D.W. Harper. A rodaxe escomezará o vindeiro 7 de marzo en Berlín.