Roberts, atada a Branca Neves

0
193

O acordo de Julia Roberts cos estudos para intrepretar o papel da Raíña Malvada na adaptación ao cinema en 3D de The Brothers Grimm: Snow White é xa total, a falla da sinatura final. O filme estará dirixido por Tarsem Singh e contará coa produción da Relativity Media.

Con Roberts xa atada, seica ningún dos tres filmes de Branca Neves baixa os brazos mália o evidente da semellanza das temáticas e de que están competindo entre eles. O principal rival do filme de Singh será o da Universal, Snow White and the Huntsman, que conta con Charlize Theron no papel de raíña, e que polo de agora é o mais adiantado, porque escomeza a se rodar en verán e ten prevista a estrea para o 21 de decembro de 2012.

A versión de Singh tentará de todos os xeitos poñer-se por diante na carreira, porque ten previsto escomezar a rodaxe xa o mes que ven, e ainda que non ten unha data oficial de estrea, iso podería sinificar que estaría lista para o verán de 2012. Ademais tamén conta coa aventaxe de ter a unha estrela internacional que é mais recoñecíbel, Julia Roberts.

O terceiro filme na contenda, a versión da Disney ambientada en China Snow and the Seven, ten polo de agora a estrea prevista para 2013.