Un dos poucos proxectos de xénero fantástico que non serán películas de cinema para este ano e que mais xente está desexando ver será a reinterpretación que realizará o National Theatre dirixido por Danny Boyle da obra Frankenstein nos teatros londinenses.
A produción será a primeira obra de teatro de Boyle nos últimos quince anos, e contará con actores de primeira liña coma Jonny Lee Miller (Dexter) e Benedict Cumberbatch (Sherlock) quen interpretarán os papeis de Victor Frankenstein e mais do seu monstro respectivamente, ainda que tamén alternativamente.
As entradas para as primeiras dez semanas no teatro xa foron vendidas por completo, polo que moitos temen que nunca chegarán ver o espectáculo. Nombergantes, ainda hai unha boa oportunidade de disfroitar do mesmo, porque Frankenstein será emitido vía satélite e alta definición en 370 salas de cinema de todo o mundo o vindeiro 17 de marzo.
E unha semana despois, a obra será de novo transmitida en Inglaterra e Europa o 24 de marzo, cos papeis intercambiados: Miller facendo de monstro e Cumberbatch de Víctor Frankenstein. Agárda-se que unhas 100.000 persoas en todo o mundo poidan asemade contemplar a obra de teatro e comparar as interpretacións de ambos actores.