Anton Yelchin, o extraño Thomas

0
145

O actor Anton Yelchin é o primeiro que une o seu nome ao reparto do filme Odd Thomas pola Fusion Films, unha película que conta cun orzamento de 47 millóns de dólares e está baseada na novela homónima do escritor de terror Dean R. Koontz, publicada en 2003.

A história vai sobre un tal Odd Thomas, un optimista cociñeiro de vintetantos anos, capaz de ver aos mortos e tamén a unhas figuras pantasmais ás que chama “bodachs”, e que se aparecen ao redor dos lugares onde vai acontecer a morte e mais o desastre. Pero cando os bodachs comezan a rondar a un dos clientes do seu restaurante, un tipo ao que Thomas chama “O home Fungo”, Odd decáta-se de que o seu cliente está por sufrir unha terríbel catástrofe.

Stephen Sommers dirixirá este filme, que conta cun guión que el mesmo adaptou a partir da novela orixinal. Howard Kaplan e John Baldecchi serán os produtores, pero ainda non hai data de escomezo para a rodaxe.