Rosamund Pike nos Titáns

0
202

Rosamund Pike (Die Another Day) ven de escomezar negociacións coa Warner Bros. e mais a Legendary Pictures para a súa incorporación ao filme Wrath of the Titans no papel da princesa Andrómeda.

Judi Bowker interpretou o papel no filme orixinal de 1981 Clash of the Titans, na que era a namorada de Perseo (Harry Hamlin). No remake do ano pasado, Alexa Davalos encarnou á princesa, pero o papel foi considerábelmente recurtado e cambiado, de tal xeito que Io, interpretada por Gemma Arterton, foi a namorada de Perseo na nova versión.

Arterton, Sam Worthington, Liam Neeson e Ralph Fiennes están xa todos comprometidos para repetir os seus papeis nesta secuela do remake. Jonathan Liebesman (Battle: Los Angeles) dirixirá o proxecto, cuxa rodaxe debe escomezar o mes que ven coa vista posta nunha estrea que non será até marzo de 2012.