Shane dirixirá Iron Man 3

0
194

O realizador Shane Black está a negociar a súa contratación para escribir o guión e dirixir a terceira entrega da saga de Iron Man para a Marvel Studios.

Seica o director e guionista impresionou aos executivos da Marvel coa súa visión de como debería ser a terceira parte desta exitosa série de superheroes, pero a súa incorporación ainda está lonxe de estar asegurada, porque os estudos están ainda a falar con outros candidatos. Os detalles do argumento da terceira parte, que seráa primeira que non dirixa Jon Favreau, están baixo segredo.

Black saltou á fama grazas á súa mistura de acción e humor na série de Arma Letal, The Long Kiss Goodnight e The Last Boyscout. Black e Downey xa traballaran xuntos con anterioridade na película Kiss Kiss Bang Bang, que Black co-escribiu e dirixiu, acadando boas críticas da prensa especializada.