O exército de Frankenstein

0
160

A MPI Media Group, a XYZ Films e mais a Pellicola de Amsterdam co-producirán conxuntamente o filme Frankenstein’s Army, do director holandés Richard Raaphorst.

Ambientada no remate da Segunda Guerra Mundial, a história vai sobre uns soldados rusos que atopan o xornal do Dr. Frankenstein nun laboratório secreto dos nazis que descubren na Alemaña do Leste.

Os soldados utilizan as explicacións do xornal para organizar un exército de supersoldados feitos de partes dos cadáveres dos seus camaradas cosidas entre si. A MPI/Dark Sky Films encargará-se da distribución do filme nos Estados Unidos.

Raaphorst é asemade o autor de Worst Case Scenario, unha promo sobre un filme que nunca chegou realizar-se pero que ía sobre unha alianza entre os nazis e os zombis.

Todd Brown, Nick Jongerius e Daniel Koefoed serán os produtores. A rodaxe dará comezo esta primavera en Praga e Amsterdam.