Rosemberg resucita aos inmortáis

0
135

Melissa Rosenberg, a guionista que adaptou os catro libros da saga de Twilight ao cinema, está a negociar a súa incorporación a un novo proxecto: o remake que a Summit Enterteinment planea do filme de culto de 1986 Highlander.

En Highlander (traducido en España coma Los immortales), após de séculos de sobreviviren en enfrontamentos en duelos contra outros coma eles, Connor MacLeod, un espadachín escocés inmortal deberá facer fronte ao derradeiro da súa caste, un terríbel e brutal bárbaro, que cobiza obtér o fabuloso poder destiñado só para o derradeiro inmortal que fique en pé.

Christopher Lambert, Sean Connery e Clancy Brown protagonizaron o filme orixinal, que foi seguido por catro secuelas, unha série de televisión e vários videoxogos. O filme da Summit tentará expandir o corazón da mitoloxía central e segundo a nota de prensa que deron a coñecer, o seu plan é “lanzar unha nova franquía para os estudos“.

Art Marcum e Matt Holloway escribiron hai tempo un primeiro esbozo do guión, no que tamén traballaron Cormac Wibberley e Marianne Sellek Wibberley. Justin Lin (Fast Five) é o director que polo de agora semella vencellado a este proxecto, que conta coa produción de Neal Moritz e Peter Davis.