Stanley Tucci cos xigantes

0
168

Stanley Tucci será o encargado de interpretar ao vilán na vindeira película de fantasía e acción de Bryan Singer Jack the Giant Killer para a New Line e mais a Legendary Pictures.

Christopher McQuarrie (The Usual Suspects) escribiu o guión no que unha princesa é secuestrada, ameazando á longa paz entre humáns e xigantes. Jack, un xoven granxeiro, é daquela obrigado a liderar unha misión de rescate no reino dos xigantes.

Tucci interpretaría a un conselleiro do rei que pretende facer-se co poder. Bill Nighy e John Kassir xa foron contratados para facer de Fallon, o líder de dúas cabezas dos xigantes. Nighy será o que faga da cabeza mais grande.

Nicholas Hoult continúa sendo o candidatos mais forte para se facer co papel de Jack.