As voces dos mortos

731

A DreamWorks ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema un guión orixinal de J. Michael Straczynski para facer un thriller titulado Voices From the Dead.

A história tentará penetrar na relación que na vida real tiveron o meigo Harry Houdini e mais o escritor creador de Sherlock Holmes Arthur Conan Doyle, quen se coñeceron en 1920 e se fixeron amigos, mália que o primeiro tentou convencer sempre infrutuosamente ao segundo da inexisténcia das pantasmas e do sobrenatural.

Doyle mesmo chegou nun capítulo do seu libro The Edge of the Unknown a declarar que Harry Houdini, un escéptico que sempre loitou contra os fraudes dos médiums e videntes, en realidade posuía poderes máxicos dos que nin el mesmo era consciente e que os utilizaba para dar a coñecer os fraudes dos demais.

O guión de Straczynski baséa-se na ideia, esta vez fictícia, de que os dous amigos uníron-se para resolver unha série de crimes no New York dos anos 20.