Spiderman sustitúe ao heroe morto dos 4F

0
176

(OLLO: Este artigo contén algúns spoilers)

Cando o director executivo da Marvel Comics Tom Brevoort dixo hai unhas semanas que após da morte dun dos Catro Fantásticos ía acontecer algo novo, non estaba a bromear.

Para escomezar, xa nin sequera se chamarán Os Catro Fantásticos. O mércores, a Marvel anunciou que o grupo pasará a se chamar Future Foundation (A Fundación Futuro), e que escomezarán a ser os FF dende o 1 de marzo. Ademáis, os seus tradicionais uniformes azuis tamén desaparecen. No seu lugar, vestirán de branco e negro, e o logo dos 4F será sustituído por tres hexágonos que simbolizan á FF.

Pero iso non é nada en comparación coa grande sorpresa: aos tres membros supervivintes dos Catro Fantásticos unirá-se-lles nada menos ca Spiderman, quen tamén levará o uniforme branco e negro da nova FF.

A nova pillou por sorpresa aos fans, quen amosaron posturas diverxentes respecto á idoneidade de incluir ao trepamuros no novo grupo: a elección ideal para continuar sendo catro, ou temos Spiderman até na soupa? O certo é que incluir ao lanzarredes fará que as vendas do cómic se disparen, porque o home araña é de lonxe o persoaxe mais popular do universo Marvel, xunto a Lobeto.

Agora a cuestión é saber se este será un cambio permanente ou se a Marvel recuará unha vez mais. Nos últimos tempos os 4F sofriron modificacións radicais deste xénero e sempre foi durante un tempo limitado, polo que nada semella indicar que esta sexa unha excepción. De feito, xa se fala de que para o número 600 da série, o heroe agora morto regrese triunfalmente e podamos lér o seu berro “Excelsior!” unha vez mais.

Mentres tanto, continuaremos disfrutando das aventuras da nova Fundación Futuro: a série The Fantastic Four rematou co número 588 este mes. E coma a antiga série, a nova FF levará guións de Jonathan Hickman e debuxos de Steve Epting.