O xurado, correspondente a 2011 e integrado por Fernando Delgado, Juan Eslava Galán, Ángela Vallvey, Laura Falcó Lara, Víctor Conde (gañador do ano pasado) e José López Jara (secretário), acordou por unanimidade conceder o Premio Minotauro 2011, dotado con 10.000 euros, á novela Ciudad sin estrellas, da escritora Montse de Paz.
Edicións Minotauro publicará a obra gañadora desta oitava edición do prémio no decurso do mes de marzo de 2011. O prémio é o millor dotado en español e ún dos mais prestixiosos na mesma língua.
Montse de Paz Toldrá naceu en Lérida en 1970. Licenciada en Filoloxía Inglesa, traballa e colabora con organizacións humanitárias dende hai mais de vinte anos. É asemade redactora e directora de dúas revistas, escribiu guións para programas de rádio sobre valores humanos e imparte parolas sobre solidariedade e voluntariado. Na actualidade reside en Barcelona, onde é co-directora da Fundación ARSIS.
De Paz escribiu vários libros de ficción, poesía, unha colección de relatos curtos e dous ensáios. En marzo de 2006 obtivo o segundo Prémio Literario da Federación Andaluza de Comunidades (Premios FAC) e até de agora publicara publicou Estirpe Salvaje, Mujeres de Dios e Cómo curar los sentimientos negativos.
A novela gañadora, Ciudad sin estrellas, é un relato de ciéncia-ficción sobre a perda da inocéncia e a procura da liberdade que xira ao redor de Ziénaga, un paradiso de cemento e neón, baixo un ceo invariábelmente gris durante o día e alaranxado pola noite. Pero nos foros dos cazadores de antigüidades fála-se doutro mundo fóra dos muros da cidade. Un mundo moi diferente ao das versións oficiais, segundo as que hai só un deserto que rodea as escasas zonas habitábeis do planeta. As autoridades estatais queren sufocar os rumores e os chamados “misticoides” son considerados rebeldes e castigados polo sistema.
Un serán, no solpor, mentres se dirixe cos seus amigos ao burdel de luxo mais afamado da metrópoli, Perseo Stone tomará una decisión e confesará aos seus colegas un plan insólito que fará tremer os seu mundo.
Entre os anteriores gañadores deste prémio atópan-se algúns dos nomes mais salientábeis da ciéncia-ficción en español, coma León Arsenal con Máscaras de matar, Rodolfo Martínez con Los sicarios del cielo e Javier Negrete con Señores del Olimpo, pero tamén hai casos de gañadores controvertidos coma o misteriólogo Fernando J. López del Oso con El Templo de la Luna.