A Prometheus toma forma

0
168

Charlize Theron está a manter conversas que seica están por chegar a un acordo que a incorporaría ao reparto do vindeiro filme de Ridley Scott, o filme épico de ciéncia-ficción Prometheus para a 20th Century Fox.

Theron e Noomi Rapace serán asemade as protagonistas principais, con tempos iguais na pantalla, nos papeis de Elizabeth Shaw e Vickers, ainda que non se sabe quen será quen.

O que cada vez está menos claro é cal será a conexión exacta entre este filme e mais o Alien orixinal de 1979. O actor Michael Fassbender, quen interpretará a un androide na película, falou hai uns días nunha entrevista na MTV e tampouco despexou moitas dúbidas cando dixo que “definitivamente hai unha conexión. Decátas-te de que es parte doutra cousa, pero estás definitivamente vencellado ás vellas [películas]. Cando o lin, foi coma ‘Vale, ben, outro Alien. A onde vas con esta ideia?’ E logo lin o guión e é novo, pero está vencellado tamén ás vellas tradicións. Pero hai unha revelación totalmente nova neste filme“.

Fassbender engadiu que “as primeiras de Alien eran thrillers. Algo vai pasar. Dá medo, é sinistro. Van pasar cousas, está-se a facer, e hai distintos tipos de intrigas e de política entre as diferentes relacións a bordo. Hai acción neste novo filme, pero a súa intelixéncia é o que me abraiou cando o lin. É mais coma nos filmes orixinais. Hai cousas que pasan e se fan, e o coñecemento das primeiras dúas terceiras partes do filme prepáran-te para a acción“.