Slade capitaneará á Demeter

0
179

David Slade (30 Days of Night, The Twilight Saga: Eclipse) está a negociar a súa incorporación coma director a outro filme de vampiros, a longamente agardada The Last Voyage of the Demeter na Phoenix Pictures.

Baseada nun capítulo da novela orixinal de Bram Stoker Drácula, a história describe a terríbel viaxe que fixo o conde a Inglaterra nun barco mercante dende Transilvánia a Londres.

Stoker narrou a história por médio da bitácora do capitán, cuxa viaxe escomeza en Bulgária e vai-se pouco a pouco facendo mais e mais inconexa a medida que van desaparecendo os membros da tripulación mentres o mesmo Drácula vai matándo-os un a un para se manter vivo.

O barco por fin choca contra s rochas en Whitby co capitán morto como único tripulante, atado ao timón. Ben Kingsley e Noomi Rapace serán os coprotagonistas, mentres que a Phoenix está a facer un cásting entre vários actores, entre eles Jude Law, para atopar á estrela principal.

Bragi Schut escribiu o guión hai xa unha década, durante a cal estiveron vencellados coma director nomes coma Marcus Nispel (Friday the 13th, The Texas Chainsaw Massacre), Robert Schwentke (Time Traveler’s Wife) e Stefan Ruzowitzky (The Counterfeiters). Mike Medavoy, Arnold Messer e Bradley Fischer serán os produtores.