Sangue e cromo en marcha

0
205

Ven de escomezar oficialmente en Vancouver (Canadá) a rodaxe do episódio piloto de dúas horas da moi agardada série da Syfy Battlestar Galactica: Blood and Chrome.

Segundo a sinopse, a acción está ambientada no décimo ano da primeira guerra cylon. Mentres a batalla entre os humanos e a súa creación, os robots conscientes Cylon, se desencadea por todas as doce colónias, un xoven e dotado piloto chamado William Adama (Luke Pasqualino) é asignado a unha das mais poderosas estrelas de combate da flota colonial: a Galactica.

Cheo de ambición e procurando a intensa acción que a guerra Cylon promete, Adama chocará axiña con Coker (Ben Cotton), o seu oficial ao mando. Cando lle quedan só 47 días para rematar a súa misión, Coker desexa tanto o final das batallas coma Adama o comezo das mesmas. Ainda que chocan ao princípio, os dous homes forxarán un raro vencello cando unha misión de rutina se volva moi perigosa e decisiva para a flota estelar.

A Universal Cable Productions produciráa série utilizando as últimas tecnoloxías en animación por computador, segundo a nota de prensa.