Detalles de Frankenweenie

0
171

A Disney Pictures ven de facer pública unha folla de produción co argumento oficial e algúns detalles suplementários sobre o vindeiro filme de debuxos animados en stop-motion de Tim Burton, a adaptación do seu primeiro traballo no cinema, a curtometraxe Frankenweenie.

Filmada en branco e negro e renderizada en 3D, creáron-se mais de 200 bonecos e decorados para este filme, que inclúe un reparto con antigos colaboradores de Burton: Winona Ryder, Catherine O’Hara, Martin Short e Martin Landau. Algúns nomes de persoaxes, coma Victor, Elsa Van Helsing, Edgar “E” Gore e Mr. Burgermeister, foron inspirados por nomes que aparecen en filmes clásicos de terror.

A história é un conto reconfortante sobre un rapaz e o seu can. Após de perder inesperadamente ao seu querido can Sparky, o xoven Victor aproveita-se do poder da ciéncia para lle devolver a vida ao seu amigo… pero cuns pequenos axustes. Primeiro tentará manter agocha á súa creación caseira, pero cando Sparky fuxa, os compañeiros de estudos de Víctor, os seus profesores e toda a vila decatarán-se de que esta nova vida pode ser algo monstrosa.

O filme ten prevista a súa estrea para o 5 de outubro de 2012.