Ainda que Johnny Depp adoita dar-lle aos seus persoaxes sempre un toque persoal e un estilo de seu, o actor revelou nunha entrevista que o seu papel de Barnabas Collins na vindeira adaptación ao cinema da clásica série de televisión dos anos 60 Dark Shadows tentará ser o mais fiel posíbel á interpretación orixinal de Jonathan Frid.
“Para min, mesmo nas conversas que mantiven con Tim Burton, o que Jonathan Frid fixo con ese persoaxe e a fasquía clásica que creou, é-me moi complicado afastar-me diso“.
No filme, Collins é un vampiro de 200 anos de idade que cruza o seu destino coa xoven e fermosa Victoria Winters (Bella Heathcoate) e co malvado Willie Loomis (Jackie Earle Haley). Michelle Pfeiffer e Helena Bonham Carter están a negociar a sua incorporación respectiva para os papeis de Elizabeth Collins Stoddard, a propietária da mansión Collinwood e de Dra. Julia Hoffman, unha especialista en enfermidades do sangue que se muda á mansión para tentar axudar ao vampiro a curar a súa afección polo líquido vermello.