Terminator resucita con Lin

0
206

Rumoréa-se que a Universal Pictures está a rondar a ideia de resucitar á franquía de Terminator, cuxos dereitos pertencen na actualidade á Pacificor, a empresa financeira que os mercou hai uns meses.

Agora que Arnold Schwarzenegger xa non é governador de Califórnia e está a escoitar propostas para regresar ao cinema, xa non é unha sorpresa que os dous nomes volvan unir-se. A Universal quere contar co director de Fast and Furious e Fast Five, Justin Lin, para que se faga cargo da nova entrega, mentres que Chris Morgan sería quen escribise o guión.

A Pacificor, LLC fíxo-se cos dereitos da franquía no mes de xaneiro do ano pasado e quere ofrecer un acordo de licenciamento a algún estudo que lle faga chegar os seus proxectos. A Hannover House tentou desenvolver unha versión en debuxos animados en 3D sen o permiso da Pacificor o pasado mes de agosto, pero o proxecto tivo que se paralisar.