Elfquest vai ao cinema

0
231

ElfquestA Warner Brothers e mais Rawson Thurber están a desenvolver Elfquest, un filme fantástico baseado no clásico cómic de culto de Wendy e Richard Pini.

Thurber (Dodgeball: A True Underdog Story) escribirá o guión, dirixirá e producirá a longametraxe, cuxo formato ainda está por determinar.

O cómic orixinal, que os Pini escomezaron a publicar eles mesmos en 1978, vai sobre unha tribo de elfos coñecidos coma os Wolfriders (a tribo do Lobo, na tradución española) que intentan sobrevivir e entrar en contacto con outros elfos espallados nun planeta semellante á terra pero que conta con dúas lúas, todo mentres se enfrontan a outras tribos de humanos e trolls, que ás veces son aliados e outras inimigos.

A série, que en certos intres da súa história foi publicada tanto pola Marvel coma pola DC Comics, atraiu a unha audiéncia madura a medida que ía publicándo-se, xa que contaba con escenas de batallas e sexo que para a época eran moi fortes.