MIB III adiado de novo

0
162

O calendário de produción de Men in Black III ven de ser adiado unha vez mais e a rodaxe non continuará até o vindeiro 28 de marzo.

Tal e coma informára-mos anteriormente, esta nova entrega da série trata de viaxes no tempo, e grande parte da acción transcurre en 1969, onde Josh Brolin fai o papel dun xoven axente K (interpretado normalmente por Tommy Lee Jones). As escenas que teñen lugar na actualidade rodáron-se xa o ano pasado en New York.

Pola súa banda, Alice Eve ven de se unir oficialmente ao reparto do filme. Na história, o axente J (Will Smith) é forzado a viaxar atrás no tempo para poder atopar á versión mais xoven do axente K. Eve interpretará a Olivia, unha moza que é contratada pola axéncia dos MIB en 1969 coma secretária.

Emma Thompson xa rodou as escenas correspondentes á Olivia actual.

A rodaxe suspendeu-se por dous meses por motivos metereolóxicos e para obter incentivos fiscais, segundo o produtor Walter Parkes, e debía ter escomezado de novo esta semana, para rodar as escenas relativas aos anos 60, pero agora haberá que agardar outros dous meses.

Etan Cohen escribiu o guión deste filme, que logo foi retocado por Jeff Nathanson a última hora. Seica grande parte dos atrancos da rodaxe veñen de problemas entre as dúas versións.