Adrianne Palicki (Friday Night Lights, Red Dawn) será a actriz que se enfunde as mallas azuis e vermellas de Wonder Woman na vindeira adaptación á televisión do clásico persoaxe de cómic.
David E. Kelley (Boston Legal, Ally McBeal) escribiu o guión para o episódio piloto e será o produtor executuvo da série que amosará á princesa Diana coma unha executiva empresarial de éxito en Los Angeles e coma unha muller moderna que tenta equilibrar todos os elementos da súa extraordinária vida coma loitadora contra o crime.
Jeffrey Reiner (The Event) dirixirá este episódio piloto, mentres que Bill D’Elia (Boston Legal) producirá xunto a Kelley.