Gondry dirixirá Ubik

819

O director francés Michel Gondry (Eternal Sunshine of the Spotless Mind) será o encargado de adaptar ao cinema a clásica novela metafísica de ciéncia-ficción de Philip K. Dick Ubik para a Film Rites e a Anonymous Content.

A história orixinal, moi complicada de seguir, vai sobre un home que traballa nunha empresa de seguridade especializada en bloquear a espionaxe telepática e outros trucos paranormais. Pero cando un traballo na Lúa leve á morte ao presidente da compañía, Glen Runciter, algúns fragmentos da realidaded comezan a se deslizar cara ao pasado. Axiña comezan a aparecer mensaxes de Runciter por todas partes, así coma uns anúncios para unha estraña droga chamada Ubik.

Steve Zaillian, Steve Golin e Garrett Basch serán os produtores. A Celluloid Dreams xa tentara levar antes esta novela ao cinema, en 2008, pero os seus esforzos non tiveron éxito.