Robocop terá unha estátua en Detroit

0
174

A campaña online Kickstarter.com seica funcionou, e froito dela acadáron-se 50.000 dólares para construir unha estátua de Robocop na cidade de Detroit.

A semana pasada o Alcalde Dave Bing rexeitara unha ideia que lle chegou polo Twitter de construír unha estátua adicada ao poli robótico que se converteu nun dos símbolos da cidade dende que se estreou a primeira película da saga en 1987.

Ainda que fora o mesmo Alcalde que pedira ideias para revitalizar a cidade, moi afectada pola crise, a construción da estátua foi desbotada axiña polo Concello. Pero os cidadáns non estaban dispostos a abandoar ao seu heroe tan rápido, e a propostaxerou tal resposta que se puxo en marcha a campaña Kickstarter.com en busca de doazóns para fabricar unha estátua de ferro de 2 metros e médio de alto.

Por fin, unha grande doazón de Pete Hottelet, da Omni Consumer Products Corporation, xunto con outras menores doutras 1.700 persoas, resultou abondo para en tan só unha semana obter os cartos necesários.

Agora o que non se sabe é onde irá colocada a estátua, pero iso será algo que veremos nas vindeiras semanas. Polo de agora, un novo heroe de ciéncia-ficción dá o chimpo á realidade.