Steinfeld, rapaza esquecida

0
161

A xove actriz revelación de True Grit e nominada ao Oscar Hailee Steinfeld xa sabe cal será o seu vindeiro proxecto no cinema: levará o título de Forgotten (Esquecida) e será producido pola Paramount Pictures.

Steinfeld interpretaría a London Lane, unha rapaza de 16 anos cuxa memória é borrada diariamente ás 4:33 da mañán. E ao día seguinte, todo o que pode relembrar son acontecementos do seu futuro.

Pero após de coñecer a un rapaz novo no coléxio, ficará cada vez mais frustrada porque non pode atopa-lo na súa memória entre as cousas que lle han acontecer no futuro.

Cat Patrick escribiu a novela, que ainda hai-se publicar este verán. Josh Schwartz e Stephanie Savage serán os produtores.