O Pinocho de Del Toro

0
214

Guillermo del Toro e mais a Jim Henson Company unirán as súas forzas para desenvolver Pinocchio, un filme de animación en 3D rodado coa técnica de stop-motion. Esta nova adaptación ao cinema do clásico conto de fadas de Carlo Collodi será mais escuro e sinistro có famoso filme da Disney de 1940.

Del Toro dixo que “O que queremos facer é presentar a un Pinocho que é mais fiel ao que escribiu Collodi, que é mais surrealista e lixeiramente sinistro do que vimos até agora“, e engadiu que “a clave disto é non facer ren que se sinta coma inxustificado, porque a história intégra-se con momentos de comédia e beleza. É un dos persoaxes mais salientábeis, cuxa pureza e inocéncia permíte-lle sobrevivir nesta sombría paisaxe de ladróns e maleantes, xurdindo da escuridade coa súa alma intacta“.

Del Toro e mais o seu colaborador habitual Matthew Robins crearon a história e Robins escribiu o guión. Gris Grimly será o co-director xunto a Mark Gustafson e a rodaxe escomezará a finais deste ano.