O Noé de Aronofsky

670

Ainda que levaba traballando no guión os últimos seis anos, é agora cando após do seu éxito con Black Swan Darren Aronofsky confirmou que o seu proxecto de adaptar ao cinema o mito bíblico de Noé podería por fin ter unha oportunidade, pero que o resultado non será apto para todos os públicos.

Noé foi o primeiro ecoloxista. A primeira persoa que plantou vides, bebeu viño e ficou bébedo. Fiquei abraiado relembrando e decatándo-me o pervertidas que son esas histórias. De ningún xeito son aptas para todos os públicos. Tratan sobre acostar-te coa irmá do teu irmán, e ter un fillo con ela a quen non recoñeces. Esa clase de cousas que foron censuradas nas clases de relixión“, comentou o director.

Unha versión en forma de novela gráfica do guión de Aronofsky aparecerá nas librerías para 2012 nunha minisérie de 4 tomos, coa esperanza de que os estudos queiran producir o filme. Aronofsky está aínda a se preparar para o seu seguinte proxecto, The Wolverine.