Franceses en Cosmopolis

0
199

Os actores franceses Juliette Binoche (Certified Copy) e Mathieu Amalric (Quantum of Solace) veñen de se unir ao reparto de Cosmopolis, o novo proxecto para o cinema de David Cronenberg.

Baseado na novela homónima de Don DeLillo, a história vai sobre un día na vida do millonário recén casado Eric Packer (Robert Pattinson) que está a enganar á súa muller, é perseguido por un acosador (Paul Giamatti), é atacado e vai perdendo a súa fortuna, todo elo no decurso dun só día que pasa case por enteiro dentro da súa limosina.

Robert Pattinson e Paul Giamatti serán os protagonistas deste filme, que se rodará ao longo de nove semanas a partir do 24 de maio en Toronto (Canadá).